viernes, 19 de noviembre de 2010

Fauna do Val



No estado adulto, o corzo ten unha altura na cruz de só 76 cm como máximo e un peso entre 15 e 30 quilos. Os machos presentan cornos pequenos de tres puntas que mudan cara comezos do inverno e que volven medrar ata comezos da primavera. A pelaxe é dunha cor castaña cunha lixeira tonalidade vermella en ámbolos dous sexos durante o verán, adquirindo unha tonalidade cincenta no inverno, momento que aparece unha mancha branca no lombo. O ventre é dunha cor máis clara que a espalda. Pola contra, os corciños presentan un pelico avermellado con pintas brancas que actúan como camuflaxe co seu entorno. Os seus berros son semellantes ós ladridos dos cans.
O corzo é un animal predominantemente forestal, e só sae a campo aberto en contadas ocasións durante o verán para engadir algunhas herbas á súa dieta, basada no consumo de follas de arbustos e árbores baixas, así como brotes tenros. Soe mostrarse activo cara o solpor, e durante o día permanece agochado entre a vexetación.
As femias conviven con unha ou dúas crías que tiveron no ano. O normal é que pasen agochadas a maior parte do tempo e a femia só acude a elas para darlles de mamar, aínda que vixíe dende as inmediacións. Non é raro que algunhas persoas, ó descubrir unha cría na espesura, a consideren abandonada e a leven. Este é probablemente o maior perigo ó que se enfrontan os corzos, pois rara vez se adaptan á domesticación e morren ós poucos días.
Pola súa parte os machos soen ser solitarios ou vivir cunha femia e as súas crías. Na época de apareamento (inicios da primavera) vólvense fortemente territoriais e tratan de manter ós outros machos lonxe da súa área de influenza en todo momento, ó tempo que tratan de atraer ás femias para aparearse con elas. O corzo é un dos poucos ungulados con implantación diferida, polo que a fecundación case nunca se produce no momento do apareamento, senón ás veces varios meses despois. De tódolos xeitos, o normal é que o alumbramento das crías (unha soa nas nais primeirizas, dous nos partos seguintes) se produza no mes de maio.
O corzo é unha especie cinexética en toda a súa distribución, sendo a súa caza unha actividade moi frecuente en toda Europa central e na península Ibérica. En España abunda especialmente na parte norte, e chega polo sur ata o mar de Alborán. Na provincia de Cádiz está en regresión pola perda de árbores.








As cegoñas brancas miden de 80 a 100 cm de lonxitude, teñen unha envergadura alar de ata 220 cm e pesan entre 2,3 e 4,5 kg. Son case completamente brancas, coas plumas das alas negras. O peteiro, longo e forte, e as patas son vermellos nos adultos e negros no caso dos exemplares novos. Camiñan de xeito lento e firme cando están no chan e voan co pescozo estricado. A súa voz e case inaudible, polo que fan ruídos producidos ó facer bater o bico coma unhas castañolas. Este repique serve para saudar á parella cando chega ó niño e para ameazar ós competidores. Utilízano tamén durante o ritual de cortexo.




Fotos aportadas por Camilo Lombardía.
Entrada feita por Noé Núñez.

1 comentario:

  1. Saludos a todos,

    Me llamo Alfonso Fernandez y soy descendiente directo de Gonzalo Fernandez nacido en Neira de Rei en el siglo XVI. Gonzalo Fernandez y su familia fueron parte de los repobladores de Trevelez (Granada) y Castaras (Granada) segun consta en el libro de apeos de Trevelez.
    Me gustaria saber si hay muchos Fernandez en Neira de Rei y si sabeis la razon por la que emigraron en esta epoca.
    Gracias por anticipado.
    Alfonso Fernandez
    alfviriato@telefonica.net

    ResponderEliminar